lunes 14 de septiembre de 2009
O SECTARISMO NA POLÍTICA
Últimamente vinme coa Presidenta de Augas de Galicia, co Director Xeral de Industria, co Director Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, coa Conselleira do Mar, co Director Xeral de Portos, falei por teléfono co Presidente de Portos de Galicia ao que invitei a visitar Cedeira, co Director Xeral de Montes e altos funcionarios da Xunta de Galicia. A sorte foi desigual. Os encontros e conversas telefónicas permitíronme apreciar, como non podía ser doutra maneira, unha gran heteroxeneidade entre todos eles en canto ao trato, pero moito me temo que un gran parecido en canto a ausencia de proxectos e ausencia de concreción.
Non me parece mal que tal concreción non exista polo momento, ou que as expectativas non estean o suficientemente elaboradas, a pesar das promesas electorales. O que sí me ten moi preocupado é o estado no que se atopan proxectos que quedaron prácticamente rematados no exercicio anterior e que agora durmen o sono dos xustos, é dicir, descansan no fondo dos caixóns. Refírense a temas de gran potencia para Cedeira, tales como o traspaso do Centro de Saúde, a súa reforma e ampliación, a estrada a Ferrol na que somentes se están a elaborar os proxectos dos tramos que van ata Valdoviño e desde a primeira Canteira ata Esteiro, faltando as variantes de Valdoviño e Cedeira. Igualmente a inactividade abrangue aos compromisos adquiridos pola anterior administración respecto do Centro de Día, do Porto Deportivo ou dos Pantaláns que ordenen os amarres dos mariñeiros. Máis acuciantes son os proxectos de rede separativa na Avenida de España (Floreal) ou a canalización das augas pluviais do Paseo da Madalena, toda vez que os proxectos estaban acordados e tramitados pola administración anterior.
Son demasiadas as incertezas nas que a actual Xunta de Galicia ten sumida a Cedeira e, a estas alturas, as dilacións non poden obedecer a motivos de estudio ou reflexión. Cústame crer que sexa o sectarismo o que explique as inxustificables tardanzas que afectan a decisións maduras que na maioría dos casos estaban xa tomadas polo Goberno que dirixeu este país ata o 1 marzo. Pero moito me temo que os datos apuntan nesta dirección.
martes 9 de junio de 2009
RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE CONTRA A REHABILITACIÓN DO CASCO ANTIGUO
Eu sei que o tema da residencia é unha disculpa. El sempre pensou que a residencia non facía falla porque aos maiores debían atendelos os fillos. Ao Sr. Rubido o que lle molesta é que estamos a concretar unha idea de Cedeira que vai máis alá do que el nunca pensou. Criase o adalid da estética e ve como este Goberno o sobrepasa acompañando a beleza coas infraestructuras, deixando en cursilería moitas das actuacións por el protagonizadas, amosando que hai outras formas de facer as cousas.
Afortunadamente, non terá oportunidade de estragar o Palacete máis do que xa o fixo no pasado, quitándolle as vidreiras e os remates de pedra de toelo, para colocalos na casa de cartón pedra que construeu para albergar ao Concello. Non sei onde están as maravillosas escaleiras que constituían o valor máis salientable do Palacete, pero alí xa non están. No pasado destrueuse a Rectoral, a casa do médico D. Nicolás, deu licencia para derrubar o convento, arrasou as fábricas de conservas e agora pretende transformar nun pastiche o Palacete co subterfuxio de facer unha residencia que nunca quixo.
Non caerá esa breva. Rehabilitaremos o casco antiguo por moito que lles pese aos de antes e conseguiremos devolverlle a vida que tivo no pasado, e veremos cómo os nenos volven a xogar nas súas rúas e os maiores non sufren por pisar un pavimento que Patrimonio impediría que colocásemos hoxe.
Dito queda, se en trinta anos non se fixo absolutamente nada por construir unha residencia de maiores, todo o que agora se diga carece de credibilidade. Pero non quero deixar pasar a proposta de "facer unha residencia ainda que careza de dotación". Efectivamente esta maneira de facer non nos pilla de novo aos que temos certa idade. Coñecemos dun matadeiro que nunca funcionou ou o mercado municipal que endexamais estivo ocupado. Esgrime como principal aportación a remodelación da Escola de Piñeiro para facer un centro de Formación Profesional. Hoxe non me cabe ningunha dúbida que aquela iniciativa foi impulsada para darlle traballo ao "Jefe del Movimiento" e algúns amiguetes máis como expresión de clientelismos que tanto mal levan feito a esta terra.
UNHA APERTA
miércoles 20 de mayo de 2009
CONVERSA CON JANE SOBRE A COMISIÓN DE FESTAS
"Estimado amigo José Luis:
Hay unas preguntas en cuanto a las Fiestas Patronales en Cedeira que se repiten mucho. Te escribo como eco de esas voces, y también con voz propia. No se comprende porqué se ha dado la organización y la gestión de las Fiestas a un grupo ajeno al Concello, cuando siempre las ha llevado el concejal de cultura de nuestro Concello. Y además, ahora tenemos a Quique, trabajando creo en jornada completa en el concello, y que es un genio reconocido y un perfeccionista en cuanto a todo lo que tiene que ver con la informática, incluso el diseño precioso de todo tipo de revista, y también en la organización de ferias, fiestas, y tal. Se preguntan estas cosas porque es con nuestros impuestos que se pagan estas cosas. Se agradece la presencia de Xermán Tobío, de Alberto Freire, y de Quique, en la Concellería de Cultura de Cedeira. Son personas muy capaces. ¿Llevan algún papel ellos en las Fiestas? Tengo entendido que la Comisión de Fiestas se compone de gente que trabaja de forma voluntaria, ¿no es así? O ¿hay alguno que está contratado para recibir remuneración por sus esfuerzos? También hago eco de una pregunta que arde mucho: La Imprenta de Cedeira siempre ha llevado la revista de las fiestas a la perfección. Entonces, ¿porqué contratar a una empresa ajena para producir la revista ahora? Hay empresarios de Cedeira que han llegado a la Imprenta de Cedeira con los CDs de las maquetas de sus anuncios para la revista de este año, y en la Imprenta les han tenido que decir que este año no han recibido ninguna noticia del Concello en cuanto a la revista. Con la crisis económica como está, ¿no se puede apoyar a los negocios locales de Cedeira en vez de contratar afuera? ¿Será así en el futuro la manera de actuar del Concello, contratando gente de afuera para llevar las cosas de Cedeira? Confío que aclararás estas preguntas con tu discreción y franqueza de siempre.
Un abrazo, Jane"
Querida amiga, te agradezco y tú lo sabes que me traslades el sentir de gente del pueblo sobre la organización de las fiestas patronales. Los temas son dos y me he permitido destacarlos en negrita.
El primero hace referencia al nombramiento por mi parte de una COMISIÓN DE FIESTAS para organizar los festejos de Santa Ana y "A Patrona". Debo comentarte que esta figura ha existido siempre en Cedeira y su substitución por el Concejal de Cultura es muy reciente, quizás como consecuencia de la ausencia de voluntarios/as. No hace mucho, la Comisión se encargaba de recaudar fondos y organizar todas las actividades. Nosotros (todos) hemos querido recuperar esta forma de trabajar porque nos pareció la tradicional, por supuesto la más participativa y, quizás lo más importante, la más económica para las arcas municipales. Por lo tanto no es ninguna novedad, todo lo contrario, supone recuperar una forma ancestral de hacer las cosas. Por otro lado he de decirte que la gente del Concello, desde Xermán hasta Quique, están detrás de los asuntos procurando que todo marche bien.
El segundo asunto se refiere al libro de las fiestas que era editado en la imprenta de Cedeira. Efectivamente, la actual Comisión ha decidido adjudicarle esta tarea a una empresa especializada en estos asuntos, a cambio de una determinada cantidad de dinero en metálico y una cantidad elevada de ejemplares que la Comisión se encargará de vender. Sí, es una forma nueva de llevar a cabo este asunto (los dos años precedentes no se hizo) y a mí no me parece ni mal ni bien. Creo que la Comisión debe tomar sus propias decisiones (todas lo hacían) y tienen derecho a acertar y también a equivocarse. Te puedo comentar que no han inventado nada nuevo con esto del libro de las fiestas, Lugo, entre otros muchos, lo hizo de idéntica manera. Esta empresa que, efectivamente, no es de Cedeira, les ofrece todo el dispositivo de búsqueda de anunciantes, etc. que es una labor muy desagradecida y a mi no me extraña que si alguien se la da hecha, opten por esta alternartiva.
En fin, amiga Jane, sólo quien trabaja y se arriesga, comete errores. La Comisión de Fiestas posiblemente los cometa, pero no va a ser como consecuencia de la mala fé, sino todo lo contrario. Están ilusionados y trabajando duramente por conseguir que las fiestas de TODOS sean un éxito.
UN ABRAZO
TRANSCRIPCIÓN LITERAL DE ANOXADO e CONTESTACIÓN
"A ese circuito fáltalle unha cousa moi importante que nin os do PP nin os do BNG e agora creo que nin vostedes serán capaces de facer, bueno se ata o de agora non foron capaces gobernando na Xunta de Galicia nestes intres menos. Pero bueno, é unha infraestructura que ningún dos tres partidos maioritarios deste Concello de Cedeira lles interesou nunca, entón que podemos esperar, ben sei que ten máis interese os cabalos que a xuventude deste pobo de Cedeira, vexo que gusta máis iso de DEIXA XEAR NENIÑO, DEIXA XEAR, e así nos vai.
Faremos un Pobo Xeriátrico.
Un saúdo"
O seguinte comentario de ANOXADO ilústranos por fin sobre o que lle falta ao circuíto e igualmente transcribo:
"Fáltavos a piscina de verdade como dirían os rapaces pequenos, pero xa vexo que vos importan máis os cabalos que a xuventude de Cedeira,
Un saúdo
Sen ánimo de nada xa que non vos interesa nin a vós nin a ningún político de Cesdeira polo que levo visto en todos estes anos."
Efectivamente, está vostede moi anoxado e, ten vostede todo o dereito. O estado de ánimo é algo moi persoal, no que eu non vou entrar, pero sí quero e debo entrar nos comentarios que vostede me envía, supoño que co ánimo de ser publicados e ser debatidos.
No primeiro comentario non chega vostede a formular a falla á que fai referencia na primeira frase, sen embargo sí que fala de que "non seremos capaces" de que temos "máis interese" polos cabalos que pola xuventude e de que faremos un "pobo xeriátrico". En fin, efectivamente está vostede anoxado porque só desde ese estado de ánimo se poden xustificar os xuicios de valor, esquecendo os argumentos. Porque permítame que lle diga que sí é certo que nos importan os cabalos, son fermosos e déronlle sempre un gran servicio á humanidade, pero impórtanme máis quenes os montan, cuidan e alimentan, e se son xóvenes, mellor. Sempre me pareceu que cuidar un animal é un bó exercicio de responsabilidade para a xuventude. Lamento que vostede non coincida nisto comigo e vexa contraposición entre xuventude e cabalos. Observarei a idade dos asistentes á concentración do próximo 23 de maio no eucaliptal da Magdalena. Creo que haberá rapacerío e sen non fose este o caso, créame que haberái que fomentalo.
Igualmente, non sei a qué ven a súa conclusión de irmos facer de Cedeira un pobo xeriátrico. Amamos aos maiores e queremos que esta fase da súa vida sexa o máis feliz posible e para elo é imprescindible ter saúde. Neste senso, hai que favorecer o exercicio físico e, a partir do éxito que está a ter o circuíto biosaudable, sen dúbida que foi un acerto instalalo. Non vexo tampouco contradicción entre a atención aos avós e aos netos.
Finalmente, no segundo comentario, atopo realmente a carencia que a vostede o pertuba, a piscina. Teño que voltar a dicirlle que corre demasiado nas conclusións cando di que non me importa. Se non me importase non estaríamos amañándolle o tellado, nin teríamos proxectado a súa real climatización, substitución de vestiarios e servicios así como a súa accesibilidade. Estamos renovando a actual piscina de forma absoluta. Isto, se non hai malas novidades, será unha realidade a moi curto prazo. Vostede pode ir ver as obras que neste preciso momento se están a producir. Pero sei que non é suficiente, que Cedeira necesita dunha piscina de 25 metros, completa, con vestiarios, aseos, ximnasio e gradas. Claro que fai falla e mentres estea onde estou considerarei inacabado o meu labor mentras esta idea non sexa unha realidade, que o será. Pero permítame que priorice, primeiro adecentar o que temos e de seguido abordar o que nos falla, porque sei o que nos falla.
Non hai contradicción entre unhas cousas e outras. Meu amigo, faga un esforzo por ser obxectivo e verá luz onde agora, o anoxo lle escurece a visión.
UNHA APERTA
martes 12 de mayo de 2009
O CIRCUÍTO BIOSALUDABLE
É de tal magnitude o éxito que hasta os líderes do P.P. din que os aparatos xa os tiñan eles gardados no almacén. En fin, tamén tiñan no almacén as escaleiras a Crónicas, ás Sonreiras, o parque do Floreal, o pavimento da recta da Maravilla e avenida da Area, a Estación Depuradora, o Tellado da Piscina e Polideportivo, a ampliación do Instituto, as naves dos Fresqueiros, o Parque empresarial da Trabe, etc. etc. etc.
Son solamente dous anos, lévase feito moito, pero é moito máis o que queda por facer. Pero sí sabemos unha cousa: que somentes con esta forza, con esta decisión e humildade é posible seguir avanzando e mellorar o que ata agora levamos iniciado.
UNHA APERTA
miércoles 6 de mayo de 2009
AS RELACIÓNS ENTRE INSTITUCIÓNS
Non quero prexuzgar absolutamente nada respecto do tratamento que a Xunta gobernada polo P.P. lle dará a Cedeira. Sei o que se prometeu e non seremos nós quenes introduzamos a desconfianza nas relacións cos novos gobernantes. Polo tanto retomaremos os proxectos que xa estaban iniciados e que tan necesarios son para Cedeira: O centro de día, a ampliación da gardería municipal, elementos ambos presentes no convenio suscrito coa anterior administración, a estrada a Ferrol AC-566, a ampliación do centro de saúde, o edificio de usos múltiples que imporpora unha gran biblioteca los aledaños do instituto, e outros proxectos que non deberan verse truncados pola actual gobernación de Galicia.
Por nós non vai quedar. Trataremos co respecto que se merecen ás novas autoridades do País e igualmente esperamos que os militantes do P.P. local non torpedeen ningunha das iniciativas que tan avanzadas se atopan: proxectos constructivos realizados, cesión de terreos, etc. Agradeceríamos todo tipo de axuda que se poda ofrecer en cuio caso seremos quen de recoñecelo, como non pode ser doutra maneira por quenes consideramos que a política é unha actividade chamada a engrandecer ao ser humano.
UNHA APERTA
lunes 4 de mayo de 2009
Hai uns días fíxose realidade un dos compromisos do ex Presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, de, ademais dourtras cousas, colocar un pantalán de tránsito para o este verán 2009. Trátase de dar servicio ás pequenas embarcacións que necesitan cargar ou descargar e que só deben permanecer alí de forma moi esporádica. Para evitar que ninguén se estableza de maneira abusiva e para evitar conflictos, Portos aconsella cobrar unha pequena cantidade a quen permaneza atracado máis alá da mera carga ou descarga. Igualmente proponse que unha entidade local se encargue deste asunto. Eu propúxenlle á Cofraría que fose ela quen se encargase da xestión. O Patrón Maior díxome que llo plantearía ao Cabildo e nesas estamos.
Polo tanto este pantalán non supón un trato discriminatorio respecto doutras instalacións, sen dúbida máis necesarias. Unha cousa non quita a outra. O proxecto para as embarcacións mariñeiras, ás que se accede polas penas, deixouno en marcha Jacinto Parga. Estou convencido de que iba por bo camiño. Non hai por qué pensar que agora deixe de ir, polo tanto seguiremos sendo optimistas. O anterior presidente non nos fallou. Quero pensar que o de agora tampouco o fará, toda vez que dependerá directamente da Consellería de Pesca.
UNHA APERTA